Pasar al contenido principal

Inauguración do curso de especialización en Deseño e Cálculo de Estruturas de Madeira

O vicerreitor de Infraestruturas, Xoán Carlos Carreira, inaugura este venres 17, ás 16:00 horas, a primeira edición do Título de Especialista Universitario en Deseño e Cálculo de Estruturas de Madeira da USC, promovido polo catedrático de Cálculo de Estruturas da Escola Politécnica Superior de Lugo Manuel Guaita Fernández.
O acto inaugural celebrarase na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior e nel participarán representantes das distintas entidades patrocinadoras, entre os que figuran o secretario xeral da Confederación Española de Empresarios da Madeira, Francisco Pons; os delegados provinciais de consellarías de Industria e Innovación, Vivenda e Solo e Medio Rural, Ramón Cortés, Cosme Eladio Pombo e Emilio López; o director de Cis Madera, Francisco Pedras; a xerente do Clúster da Madeira, Belén Varela, e o director do curso.
Con este título, propio da USC, formaranse un total de 30 especialistas nos aspectos de cálculo e deseño de estruturas de madeira para a edificación tanto arquitectónica como rural e para proxectos de obra civil.
O curso prolongarase ata o 3 de abril con clases os venres pola tarde e os sábados pola mañá nas aulas de teoría ou de informática da Escola Politécnica. Ademais se realizarán visitas neste horario a organismos, industrias e exemplos construtivos de interese.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.10.2008.