Pasar al contenido principal

Presentación na Facultade de Matemáticas do software Podcast Producer

O Salón de Graos da Facultade de Matemáticas será o escenario no que se desenvolva este xoves 9 unha sesión de presentación do software Podcast Producer. A partir das 11:45 horas, nela intervirán Jesús Pérez e Pierre Cesinski, enxeñeiro de sistemas e major account education da empresa Apple.
Podcast Producer é unha solución completa para codificar, publicar e distribuír podcasts de alta calidade resultando ideal, segundo os representantes de Apple, para formación de persoal, conferencias universitarias ou calquera podcast de audio ou vídeo. Este software simplifica o proceso de gravación de contido, codificación e publicación de podcast para a súa posterior utilización en iTunes, Safari RSS feeds, iPod, iPhone ou Apple TV.
Na sesión, que organizan os profesores Enrique Macías e Felipe Gago, explicarase cómo crear un podcast, o modo de publicar elementos, o entorno de podcasting e o funcionamento do software presentado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.10.2008.