Comezou en Santiago o Seminario de Planificación Empresarial organizado anualmente por Uninova

O Seminario de Planificación Empresarial que anualmente organiza a incubadora de empresas da USC, Uninova, en colaboración co Bic Galicia, comezou esta semana a súa programación.
O Seminario que está dirixido a todos aqueles que queiran estudar a viabilidade dunha idea empresarial, conta nesta ocasión cun total de 25 emprendedores con distintos proxectos empresariais que desenvolverán o seu propio plan de empresa ao longo de sete sesións presenciais.
Paralelamente ás sesións programadas ofrécese a cada proxecto, a axuda personalizada e individualizada dun titor que prestará o asesoramento preciso a cada caso concreto.