Pasar al contenido principal

A Cátedra Juana de Vega presenta o libro O liberalismo nos seus contextos. Un estado da cuestión

Con el ábrese a colección 'Publicacións da Cátedra Juana de Vega'

A Cátedra Juana de Vega de Formación e Investigación da USC presenta este mércores, día 25, na Facultade de Xeografía e Historia, o libro O liberalismo nos seus contextos. Un estado da cuestión, co que abre a súa colección de publicacións. A obra recolle as actas do simposio organizado pola Cátedra en Santiago e A Coruña en decembro de 2006.
A presentación será ás 12:00 horas na Sala de Profesores do centro nun acto presidido polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, e ao que tamén asisten o director da Cátedra e coordinador da publicación, ademais de presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro; o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Saez Ponte, e o director académico do Servizo de Publicacións da USC, Antonio Azaustre.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.06.2008.