Os alumnos de Formación do Profesorado de Lugo reciben os seus distintivos de diplomados
Un total de 130 alumnos graduaranse este venres 27 na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo, nun acto que dará comezo ás 17:00 horas no salón de actos deste centro, presidido polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero.
Nesta ocasión actuará como padriño da promoción o profesor de Expresión Plástica Vicente Blanco Mosquera e, tras a entrega de insignias aos diplomados en cada unha das titulacións, haberá unha presentación sobre a Escola.
No acto intervirá tamén o profesor de Historia da Educación Herminio Barreiro Rodríguez, que ofrecerá unha conferencia co título ‘Qué ides atopar fóra?’.