Pasar al contenido principal

O Coro da Universidade de Santiago pecha este mércores o Festival de Música Cidade de Lugo

O Coro da Universidade de Santiago de Compostela coa Capela Compostelana porán o punto final á XXXVI edición do Festival de Música Cidade de Lugo, organizado pola Concellería de Cultura e Turismo dentro da Semana do Corpus. A actuación terá lugar este mércores 4, ás 20:30 horas, na Igrexa de San Pedro e a entrada é libre ata completar a capacidade do lugar.
Ambas agrupacións, dirixidas por Miro Moreira, presentarán un programa dedicado aos cancioneiros musicais españois do século XVI que inclúe exemplos dos cancioneiros de Palacio, Upsala, Colombina e Medinaceli.
O festival contou cun total de 18 concertos dende que comezou o pasado mes de abril e achegou á cidade a grandes figuras como Joanna Macgregor, Simone Kermes ou Xavier Sábata.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.06.2008.