Pasar al contenido principal

A complexidade topolóxica dun espazo, tema dunha conferencia en Matemáticas

A Aula 7 da Facultade de Matemáticas acolle este xoves, día 5, ás 16:30 horas unha nova sesión do Seminario Vidal Abascal que organiza o Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC. Nesta ocasión, a profesora Lucile Vandembroucq, da Universidade do Minho, impartirá a conferencia ‘On Farber's Topological Complexity’.
Vandembroucq é profesora do Departamento de Matemática da Universidade do Minho con sede en Braga. Especialista en Topoloxía Alxébrica, formouse no grupo do profesor Daniel Tanré da Université des Sciences et Technologies de Lille, quen mantén unha longa colaboración co Departamento de Xeometría e Topoloxía da USC. Ten publicados traballos en revistas tan prestixiosas como Mathematische Zeitschrift, Topology ou Transactions of the American Mathematical Society.
Na súa conferencia presentará unha nova aproximación ao estudo da complexidade topolóxica dun espazo, un concepto introducido por M. Farber para a solución de problemas relacionados coa planificación do movemento dun robot.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 04.06.2008.