Pasar al contenido principal

A Fundación Española de Historia Moderna reúnese para tratar o mundo urbano na Ilustración e o mar na modernidade

A USC, en colaboración coa Universidade da Coruña, organiza a X Reunión da Fundación Española de Historia Moderna que se articula en torno a dous eixos temáticos principais, o mundo urbano no período da Ilustración e o mar nos séculos modernos. As xornadas terán lugar do 11 ao 13 de xuño en Compostela, na Facultade de Xeografía e Historia, e en Ferrol, no centro de Humanidades e Salón de Actos do Campus de Esteiro.
Na sección sobre o urbano na Ilustración explicaranse as cidades e a difusión de novos modelos culturais na época, o caso español no XVIII, as relacións co poder real, ademais de explicar as transformacións da paisaxe urbana coas distribucións da poboación, pautas de consumo, alimentación ou vestiario.
Por outra banda, no apartado acerca do mar na época Moderna trataranse os comportamentos demográficos e familiares, as economías nestas sociedades, o goberno e control marítimo e a importancia do mar no interior e na cultura.
A FundaciónA Fundación Española de Historia Moderna existe como tal dende 1999, sendo resultado dun cambio xurídico da Asociación Española de Historia Moderna. Realiza un amplo labor a favor do modernismo a través de publicacións, reunións científicas e mantén ao conxunto dos seus membros informado das novidades relacionadas con esta parte da Historia.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2008.