Pasar al contenido principal

Responsables da USC promocionan o Sistema Universitario Galego en Iberoamérica

Reuniranse con representantes de Universidades venezolanas e mexicanas

Representantes da Universidade de Santiago de Compostela partiron hoxe cara Iberoamérica para asistir a reunións de traballo con autoridades de varias universidades. Coa visita, organizada polas Consellarías de Educación e de Emigración, trátase de promocionar o Sistema Universitario Galego e informar do amplo programa de bolsas existente para o alumnado iberoamericano, concretamente as axudas para fillos de galegos no exterior e o Programa Xan de Forcados da USC.
Nesta ocasión, o vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, e o coordinador de Relacións Exteriores, Francisco Sanjiao, visitarán ata o 13 de xuño Venezuela e México, nunha iniciativa enmarcada á súa vez nos plans estratéxicos de promoción e consolidación da actividade da Universidade compostelá en Iberoamérica.
Os responsables da institución compostelá centrarán os seus esforzos de promoción na Universidade Central de Venezuela e nas mexicanas Universidade Iberoamericana, Universidade de las Américas e na Nacional Autónoma de México-UNAM, entre outras.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 06.06.2008.