Pasar al contenido principal

Presentación dun estudo sobre o impacto ambiental en centros da USC

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais necesitaría un total de 463,58 hectáreas por ano de bosque galego para poder asimilar as emisións de CO2 asociadas á súa actividade académica. Este é un dos datos que se desprende dun estudo piloto realizado en dous centros da USC para avaliar o impacto da súa actividade no entorno que os rodea.
A publicación Estudo de impacto ambiental en centros da USC e as súas conclusións presentaranse en rolda de prensa este mércores, día 11, ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Participarán a vicerreitora de Calidade e Planificación da USC, Dolores Álvarez; o director xeral de Desenvolvemento Sostible, Emilio Manuel Fernández; a coordinadora do Plan de Desenvolvemento Sostible da USC, Dora Blanco, e a técnico ambiental da mesma Oficina, Noelia López Álvarez.
Para a estimación da pegada ecolóxica tivéronse en conta os impactos asociados ao consumo de enerxía eléctrica, de combustibles fósiles para abastecer as caldeiras de auga quente e calefacción, de auga e de papel, a mobilidade e a construción do edificio. Os datos presentados no estudo, que xa se está a estender ao resto da USC, corresponden concretamente á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais do Campus de Santiago e á Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 10.06.2008.