Responsables de Mapfre analizan o seguro no contorno do cambio climático e a crise económica
‘O seguro no contorno do cambio climático e a crise económica’ é o título da conferencia que esta tarde se desenvolverá no marco do Máster en Administración Financeira e Tributaria da USC que dirixe o catedrático Luis Caramés.
Os relatores serán nesta ocasión o ex presidente de Mapfre Chile, Guillermo García Castellón, e o director xeral territorial de Mapfre, Antonio Pérez Alonso. A conferencia terá lugar este martes 10 ás 16:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.