Pasar al contenido principal

A Facultade de Psicoloxía reuniu aos profesionais que colaboran como titores externos do Prácticum

A Facultade de Psicoloxía celebrou este venres o encontro anual cos profesionais de Psicoloxía que colaboran como titores externos da materia Prácticum. A xornada dedícase cada fin de curso a revisar o desenvolvemento do Prácticum dese ano e a valorar conxuntamente as accións de mellora.
Nesta ocasión, unha parte da sesión destinouse a informar aos profesionais do novo título de grao, especialmente no que se refire ás prácticas externas. Os profesionais manifestaron a súa preocupación polo recoñecemento do traballo que realizan no marco dos novos estudos adaptados ao EEES, nos que se lle dá unha relevancia especial ao contacto dos estudantes co mundo profesional.
A xornada concluíu coa conferencia ‘Trauma e memoria’ impartida polo catedrático de Psicoloxía da Memoria da Universidade Autónoma de Madrid, José María Ruíz Vargas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2008.