Pasar al contenido principal

Uninova recibiu a visita do grupo de Enxeñaría e Xestión Tecnolóxica da Innovación da Universidade portuguesa da Beira Interior

Membros do Gabinete de Apoio a Proxectos e Investigación da Universidade portuguesa da Beira Interior, así como representantes de diferentes empresas vinculadas a esta entidade, visitaron este mércores 11 as instalacións da incubadora de empresas da USC Uninova, onde foron recibidos polo xerente, Gustavo Marcos Cancelas.
O grupo, integrado por quince expertos en Enxeñería e Xestión Tecnolóxica, puido coñecer de primeira man varias das iniciativas empresariais emprazadas na incubadora, amosando especial interese pola metodoloxía aplicada na USC na creación de empresas innovadoras de base tecnolóxica e a aplicación do Know How da incubadora da USC á Universidade de Beira Interior.
A visita concluíu cunha visita ao CITT da USC, onde os recibiu o director da Oficina de Investigación e Tecnoloxía, Javier Sardina, que expuxo as liñas de actuación da USC en materia de transferencia de tecnoloxía, xestión de patentes e aspectos claves das relacións da USC co seu entorno económico e empresarial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.06.2008.