Pasar al contenido principal

Presentación dos cursos de verán da USC que se desenvolverán en Mondoñedo

A Universidade de Santiago de Compostela desenvolverá este ano dous cursos de verán en Mondoñedo, que se celebrarán no mes de xullo. Os galegos de Mondoñedo e un seminario sobre protocolo deportivo serán as dúas accións formativas que se porán en marcha.
Estes cursos presentaranse este luns 16 na Sala Prensa da Vicerreitoría de Coordinación de Lugo, ás 11:15 horas. Estarán presentes neste acto o vicerreitor de Cultura, Elías Torres; o alcalde da vila, Orlando González Cruz; o delegado da Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia, Xoán Xosé Molina; o vicepresidente primeiro da Deputación Provincial, Antón Bao, e o presidente da Fundación Azkar, Manuel Vázquez Corredoira. Asistirán tamén os directores e responsables dos cursos.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.06.2008.