Pasar al contenido principal

A artista brasileira Christina Oiticica enterrará parte da súa obra no claustro da Facultade de Xeografía e Historia

A intervención forma parte dunha mostra que se poderá visitar en maio de 2009 en Santiago

A Vicerreitoría de Cultura da USC está a traballar xunto coa Fundación Via Galego na produción dunha mostra da artista brasileira Christina Oiticica, muller do escritor Paulo Coelho, que se poderá visitar en maio de 2009 na Igrexa da Universidade baixo o título Camiño Peregrino. Christina Oiticia (Rio de Janeiro en 1951) é pioneira en aplicar unha particular técnica nas súas obras, combinando land art e pintura. Cree na pegada visible e invisible que deixa a natureza nas obras, á que considera coautora dos seus cadros.
Como parte do proceso previo da exposición de 2009, a artista fará este venres 13 ás 10.30 horas un enterramento de parte da súa obra no claustro da Facultade de Xeografía e Historia, onde permanecerá aproximadamente durante seis meses.
O acto estará presidido polo vicerreitor de Cultura, Elias Torres, e contará coa asistencia da propia autora, Christina Oiticica; da decana da Facultade de Xeografía e Historia, Mar Llinares; do director de actividades da Fundación Via Galego, Ângelo Gonçalves Vicente; e do representante de Christina Oiticica e Paulo Coelho en España, Acácio da Paz.
Christina OiticiaFormada na Escola de Belas Artes e no Museo de Arte Moderna de Río de Janeiro, Oiticica completou a súa formación na Facultade de Arquitectura Bennett da mesma cidade e no Círculo de Belas Artes de Madrid. A autora comezou a expoñer tanto de xeito individual como colectivo en 1984.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 12.06.2008.