Pasar al contenido principal

Os estudantes da USC aínda poden opinar sobre a oferta académica

A enquisa de satisfacción continúa activa na Secretaría Virtual

A enquisa de satisfacción coa oferta académica correspondente ao presente curso continúa activa para todos aqueles estudantes de titulacións de 1º e 2º ciclo e Programas Oficiais de Posgrao que desexen cubrila.
As respostas constituirán un elemento fundamental de cara a coñecer os puntos fortes e débiles e adoptar medidas para a mellora do servizo, segundo informa a Área de Calidade e Procedementos da Vicerreitoría de Calidade e Planificación.
Os alumnos non teñen máis que entrar na Secretaría Virtual e premer na ligazón que atoparán baixo o epígrafe ‘Cuestionario de satisfacción Oferta Académica 2007-08’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.06.2008.