Pasar al contenido principal

O equipo da USC clasifícase en terceiro lugar ao remate das probas do circuíto de carreiras Corre con Nós

Os integrantes do equipo, antes da súas participación na última carreira
Os integrantes do equipo, antes da súas participación na última carreira

O equipo de atletas da USC, que participou durante todo o ano na oitava edición de Carreiras Populares Corre con Nós, obtivo na clasificación xeral da competición o terceiro posto, unha vez rematado o circuíto coa sétima carreira no parque de Frigsa.
Nas clasificacións xerais destaca o terceiro posto na súa categoría de Sonia Vázquez, que quedou tamén 13 na xeral. Así mesmo, as mulleres da USC quedaron mellor clasificadas que os homes destacando polos cuartos postos obtidos en diferentes categorías.
Dentro do equipo masculino, o mellor clasificado foi Luis Vila, que quedou no posto 65 e na súa categoría no 13.
Na última carreira, a celebrada no parque de Frigsa, tanto Sonia Vázquez como Luis Vila foron os mellor clasificados do equipo da USC, acadando o posto 11 no primeiro caso e o 81 no segundo na xeral.
O equipo mellorou os seus tempos durante as sete carreiras das que consta o circuíto, reducindo cita a cita os tempos empregados para percorrer cada quilómetro.
A Vicerreitoría de Cultura ten previsto volver a organizar o equipo para a próxima edición, que dará comezo despois do verán, ao que están invitados a unirse todos os membros da comunidade universitaria.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.06.2008.