Pasar al contenido principal

Presentación do estudo sobre os beneficios da cervexa na dieta dos deportistas

Forma parte da programación do curso de verán que se está a impartir na Facultade de Veterinaria sobre modelos alimentarios actuais

Dentro da programación do curso de verán da USC ‘Actualización e novas tendencias no modelo alimentario e gastronómico actual’, que dirixe o profesor Alberto Cepeda, o Centro de Información Cervexa e Saúde (CICS) presentará o estudo ‘Idoneidade da cervexa na recuperación do metabolismo dos deportistas’, realizado por Manuel J. Castillo-Garzón, catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Granada.
Dito encontro informativo realizarase ás 16:30 horas no salón de actos ‘Enrique Gónzález’ da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo e nel participarán o director do curso e o autor do estudo.
A investigación realizada conclúe que a cervexa, pola súa composición, as propiedades dos seus ingredientes, as súas características organolépticas e o seu baixo contido alcohólico, e tomada en cantidades moderadas pode ser beneficiosa e favorecedora dunha rápida e efectiva rehidratación despois do exercicio físico. Por tanto, en calquera das súas variedades, normal e sen, a cervexa pode incluírse na dieta habitual dos deportistas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.09.2008.