Pasar al contenido principal

Aberto o prazo para solicitar prácticas na Axencia EFE

As bolsas de La Caixa e a Fundación EFE diríxense a estudantes no último curso da Licenciatura en Xornalismo

O prazo de inscrición nas bolsas de formación para novos xornalistas de La Caixa e a Fundación EFE manterá aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 24 de outubro. A iniciativa, que ofrece un total de trinta prazas, diríxese a estudantes do último ano da licenciatura de Ciencias da Información (rama de Xornalismo) en calquera universidade española.
A IV convocatoria divídese en dous anos de prácticas, un transcorrerá nas delegacións autonómicas da Axencia EFE e outro nas sedes internacionais. Durante o segundo ano, os estudantes percibirán, ademais da bolsa de estudos, unha axuda mensual para a vivenda no país de destino e outra para sufragar o desprazamento.
O proceso de selección consta dunha escolla segundo a documentación, unha proba escrita e, finalmente, unha entrevista persoal que se celebrará en Madrid e Barcelona. A obtención da bolsa comunicarase o 15 de decembro. As prácticas cumpren unha dobre finalidade, existe unha faceta docente e formativa e, por outra banda, facilitar aos bolseiros o acceso ao mercado laboral.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.09.2008.