A Fonoteca proxecta a ópera 'Merlín' de Albéniz
A Fonoteca universitaria proxectará este xoves 4 a ópera ‘Merlín’, de Isaac Albéniz, interpretada por David Wilson-Johnson, Stuart Skelton, Eva Marton e Carol Vaness, co Coro e a Orquestra Titular do Teatro Real de Madrid dirixidos por José de Eusebio.
A actividade, que terá lugar ás 18:00 horas na sede da Fonoteca en Ciencias da Comunicación, enmárcase no ciclo Música en Imaxes.