Pasar al contenido principal

A Vicerreitoría de Calidade e Planificación participa en Madrid nunhas xornadas sobre o profesional flexible na sociedade do coñecemento

A Vicerreitoría de Calidade e Planificación da Universidade de Santiago participa estes días en Madrid nas xornadas ‘O profesional flexible na sociedade do coñecemento’ organizadas polo Ministerio de Educación y Ciencia (MEC) e a Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación (ANECA) e co soporte técnico do Centro de Estudios en Gestión de la Educación Superior (CEGES) da Universidade Politécnica de Valencia.
A xuntanza constitúe un marco idóneo de reflexión no que expertos en Educación Superior de numerosos países, a través dos primeiros resultados do proxecto ‘El Profesional Flexible en la Sociedad del Conocimiento: Nuevas Exigencias en la Educación Superior en Europa (REFLEX)’ financiado polo VI Programa Marco de la Unión Europea, debaterán sobre a consecución dunha visión común das competencias requiridas aos graduados universitarios para afrontar os novos retos na Sociedade do Coñecemento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.06.2007.