Pasar al contenido principal

Estrea da serie de televisión 'Linatakalam' no Paraninfo da Universidade

O vicerreitor de Relacións Institucionais recibiu á comitiva marroquí encabezada polo ministro Nabil Benabdallah (segundo polo dereita)
O vicerreitor de Relacións Institucionais recibiu á comitiva marroquí encabezada polo ministro Nabil Benabdallah (segundo polo dereita)

A serie de televisión ‘Linatakalam’, rodada por un equipo hispano-marroquí-italiano para promover a tolerancia entre pobos, estréase este venres ás 19:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). No acto interveñen o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño; o ministro de Comunicación de Marrocos, Nabil Benabdallah; o reitor da USC, Senén Barro, e o director da produtora IBISAtv, Valentín Carrera.
Previo ao acto de estrea, a comitiva marroquí encabezada polo ministro Nabil Benabdallah reuniuse no Colexio de San Xerome co vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández, e co director da Oficina de Relacións Exteriores, Enrique López Veloso.
‘Linatakalam’Patrocinada pola Alianza de Civilizacións, ‘Linatakalam’ (‘Falemos’) non é só un título dunha serie de televisión, tamén é unha expresión árabe que invita ao diálogo e a convivencia entre os pobos como fórmula de entendemento e resolución de conflitos. Así, esta produción, que transcorre no Mediterráneo como berce de encontro entre culturas, aborda cuestións como a convivencia entre as relixións, a situación da muller, a inmigración, a auga como medio de vida e os nenos como o futuro.
A serie, coproducida por TVG, TVE, SNRT, Surf Films, Castelao/ Filmax e IBISAtv, filmouse no verán de 2006 mentres sucedían os tráxicos bombardeos de Beirut, os incendios en Galicia, a crise dos caiucos e o nacemento de Oumaima.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.06.2007.