Pasar al contenido principal

Rematan as xornadas de Lugosocial sobre muller e emprego cunha análise da responsabilidade corporativa

As xornadas transnacionais que organiza Lugosocial e que se celebran no Centro de Empresas e Innovación baixo o título ‘Muller, emprego e calidade social’ rematan este venres 28 dedicando varios relatorios á responsabilidade social corporativa.
A primeira das intervencións terá lugar ás 10:00 horas e correrá a cargo do profesor de Organización de Empresas da Universidade da Coruña, Manuel Martínez Carballo, quen explicará qué é a responsabilidade social corporativa e o seu marco conceptual. A continuación, o técnico de Responsabilidade Corporativa de Caixa Galicia, José Carlos Méndez Váquez, falará sobre a experiencia desta entidade en materia de responsabilidade social.
A concelleira de Economía e Emprego do Concello de Lugo, Sonia Méndez, será a encargada de realizar o relatorio de clausura, seguida polo conselleiro da Subdirección Xeral de Relacións Sociais Internacionais do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Vicente Pérez Menayo, quen pechará as xornadas co relatorio ‘A calidade social. Un novo paradigma na Unión Europea’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.09.2007.