Pasar al contenido principal

A Residencia Universitaria Burgo das Nacións da USC acolle a proxección do documental 'En son de paz'

A Sala de Cine da Residencia Universitaria Burgo das Nacións da USC acolle o vindeiro mércores 14 ás 21:00 horas a proxección do documental ‘En son de paz’. A continuación, o fundador e presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz, Manuel Dios, procederá a comentar o filme.
A longametraxe recibiu o premio ‘Hagamos las Paces’ concedido polo Instituto Internacional per la Pau da Ganeralitat de Catalunya no III Festival Internacional de Cine e Dereitos Humanos pola súa aproximación á educación para a paz.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.03.2007.