Pasar al contenido principal

A Facultade de Física da USC organiza un ciclo de cine sobre ciencia, sociedade e ficción

O prazo de matrícula manterase aberto ata o vindeiro xoves, 15 de marzo

A Facultade de Física organiza o ciclo de cine ‘Ciencia, sociedade e ficción’ que se celebrará os días 22, 27 e 28 de marzo e 10 e 12 de abril. Ao longo destas xornadas, os participantes poderán asistir a proxeccións cinematográficas comentadas por expertos e participar nos debates sobre os contidos de cada filme.
A actividade comezará o vindeiro xoves, día 22 coa emisión de ‘2001. Unha odisea no espazo’ que será comentada polo profesor da USC Jorge Mira. A continuación, os filmes proxectados serán ‘A mosca’, ‘Moebius’, ‘Creadores de sombras’, ‘Brazil’, ‘O planeta dos simios’ e ‘Ultimato á terra’. Os estudantes interesados poderán matricularse ata o vindeiro xoves, día 15, na Facultade de Física. Concederase un crédito de libre configuración para todas as titulacións da USC.
Miniciclo ‘Ciencia, ética e sociedade’Enmarcado neste ciclo e co fin de analizar as repercusións sociolóxicas e os retos do avanzo científico, os días 16, 17 e 18 de abril celebrarase un miniciclo titulado ‘Ciencia, ética e sociedade’ que correrá a cargo do profesor da USC Luís Miguel Varela. As películas que se emitirán son ‘1984’, ‘Alphaville’ e ‘Gattaca’.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.03.2007.