Pasar al contenido principal

O ciclo 'Mulleres do século XXI' continúa este xoves na Facultade de Ciencias do Campus de Lugo

As actividades organizadas pola USC con motivo do Día Internacional da Muller continúan durante todo o mes de marzo no Campus de Lugo agrupadas dentro do ciclo ‘Mullres do século XXI’. Deste xeito, o xoves 15 ás 10:00 horas, a Facultade de Ciencias acolle o relatorio ‘A muller como factor clave no desenvolvemento’, impartido por Ana Barral Fernández Soto, coordinadora do grupo de voluntarios de Axuda en Acción de Lugo.
O programa previsto apra esta sesión continuará coa celebración dunha mesa redonda na que se debaterá o papel das mulleres enxeñeiras no século XXI. O debate, no que participarán as enxeñeiras técnicas industriais Margarita López da empresa BIOETANOL GALICIA e Uxía Díaz Lage da ONG Enxeñaría Sen Fronteiras, estará moderado polo decano do centro, Francisco Fraga.
O ciclo ‘Mulleres do século XXI’ continuará coa celebración de diversos relatorios e mesas redondas os vindeiros 21, 22 e 28 de marzo nas facultades de Humanidades e Veterinariana e na Escola Politécnica Superior.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2007.