Pasar al contenido principal

O libro 'Agrosistemas sostenibles y ecológicos. La reconversión agropecuaria' preséntase este xoves na Escola Politécnica Superior

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo presenta este xoves, día 15, ás 11:00 horas o libro Agrosistemas sostenibles y ecológicos. La reconversión agropecuaria do que é autor o profesor xubilado Ramón Fuentes Colmeiro.
Ao acto de presentación asistirán ademais do propio autor, o vicerreitor de Cultura da USC, Elías J. Torres Feijó, e o director da EPS, Javier Bueno Lema. No libro o autor analiza a volta aos agrosistemas tradicionais dende a súa experiencia como labrador, funcionario da administración agraria e profesor ao tempo que fai unha importante reflexión sobre a explotación irracional e agresiva do medio natural e do solo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 14.03.2007.