Toma de posesión do profesor Lois Ferradás Blanco como decano da Facultade de Ciencias da Educación
O profesor Lois Ferradás Blanco tomará posesión como decano da Facultade de Ciencias da Educación da USC nun acto a celebrar este luns, día 19, ás 13:30 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome baixo a presidencia do reitor compostelán, Senén Barro.
Lois Ferradás, do Departamento de Didáctica e Organización Escolar na USC, foi elixido decano o pasado mes de outubro cunha candidatura na que lle acompañan os profesores Anxo S. Porto Ucha, Elena Fernández Rey e Xesús Rodríguez Rodríguez como vicedecanos, e a profesora Belén Caballo Villar como secretaria.
Lois Ferradás Blanco Lois Ferradás Blanco é profesor titular da USC na área de Didáctica e Organización Escolar. As súas investigacións céntranse no estudo das boas prácticas docentes na Universidade e nas escolas. Este antigo mestre de educación infantil foi, con anterioridade, director da Escola de Maxisterio de Santiago e vicedecano de Maxisterio.