Os Protocolos para a Integración na Comunidade Universitaria sitúan á USC á vangarda na promoción da participación das persoas con necesidades específicas

A Universidade de Santiago acaba de editar os Protocolos para a Integración na Comunidade Universitaria cos que a institución compostelá se pon á vangarda das Universidades de España que traballan na promoción da participación das persoas con necesidades específicas no ensino superior. Deste xeito, a compostelá é a primeira universidade galega e a terceira española cunha guía propia destas características.
Esta guía de actuacións presentouse en San Xerome nun acto que contou coa participación do reitor da USC, Senén Barro; o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José Manuel Mayán; a subdirectora xeral de Universidades, Maria Isabel Doval; e o director para a Zona Norte de Bancaja, José Luís Otero.asistiron tamén representantes dalgunhas das ONGs que colaboraron no proxecto como a Federación de Asociacións de Xordos de Galicia (FAXPG), a Organización Nacional de Ciegos (ONCE), a Federación de Asociacións de Familiares e enfermos Mentais de Galicia (FEAFES) e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI).
Favorecer a integraciónOs Protocolos elaborados polo Servizo de Participación e Integración Universitario da Vicerreitoría de Comunidade Universitaria e Compromiso Social pretenden axudar a favorecer a participación das persoas con necesidades especiais e, á súa vez, o achegamento a un colectivo cada vez máis numeroso proporcionando as estratexias básicas necesarias. O exemplar elaborouse coa colaboración de Bancaja e dalgunhas das principais entidades que dende a sociedade civil traballan a prol dos dereitos das persoas con discapacidade.
Mediante a edición destes Protocolos e a súa distribución entre toda a comunidade universitaria favorecerase o coñecemento das distintas realidades e necesidades das persoas con diversidade funcional dentro da comunidade universitaria á vez que se estimulará a formación e capacitación das persoas con algún tipo de discapacidade. Por outra banda, foméntase a implicación da comunidade universitaria no proceso de normalización do acceso, permanencia e remate dos estudos superiores por parte destas persoas.
Protocolos diferenciadosA publicación recolle protocolos diferenciados para a integración de estudantes con discapacidade visual, auditiva ou física e de persoas con enfermidades mentais. En cada un dos casos explícase en qué consiste a discapacidade e ofrécense regras básicas de actuación, recomendacións sobre a metodoloxía didáctica para os docentes e algunhas axudas técnicas específicas. A guía complétase coa bibliografía e unha listaxe de enderezos de interese en internet.
Ata agora os Protocolos distribuíronse a todo PDI e PAS así como aos Colexios Maiores e asociacións estudantís. Está prevista ademais a edición da obra en formato electrónico para entregárllela a todos os estudantes da USC.
Discapacitados na USCNo Sistema Universitario Galego este é o primeiro curso no que os alumnos cunha discapacidade maior do 33 por cento contan con matrícula gratuíta. No caso da USC, o pasado curso académico 2006-07 foron 16 os alumnos que se acolleron á cota de discapacitados que establece a Lei para todas as carreiras. Ademais, 17 universitarios con praza no Sistema Universitario de Residencias da USC solicitaron o pasado ano algunha clase de axuda neste senso, mentres que no presente curso foron 22 os solicitantes.