Pasar al contenido principal

Alumnos de Kirguizistán, Uzbekistán e Tayikistán estudarán na USC durante o vindeiro curso académico

Dentro do programa 'Erasmus Mundus, External Cooperation Window' a Universidade de Santiago fomenta a mobilidade entre a
UE e Asia Central

Un total de doce alumnos asiáticos procedentes de Kirguizistán, Uzbekistán e Tayikistán estudarán durante o vindeiro curso académico na Universidade de Santiago a través da convocatoria do programa ‘Erasmus Mundus, External Cooperation Window’ que pon en marcha por vez primeira a Comisión Europea.
A iniciativa, que ten como obxectivo principal facilitar a mobilidade entre todos os membros da comunidade universitaria da Unión Europea e Asia Central, facilita a matrícula na universidade, un seguro médico adicional, entre 1000 e 1800 euros ao mes segundo o nivel académico do alumno e unha dotación económica a maiores para sufragar os custes da viaxe.
En xeral, un total de 46 candidatos asiáticos solicitaron estudar nas universidades de Europa mediante o programa ‘Erasmus Mundus, External Cooperation Window’ que, entre outros fins, procura promover unha oferta de ensinanza superior de calidade, facilitar o entendemento entre os pobos, fomentar a adquisición de titulacións europeas, desenvolver a cooperación entre os centros de ensinanza superior da Unión Europea e centros de terceiros países e mellorar a súa visibilidade.
De cara ao futuro, a USC ten previsto que existan dúas novas convocatorias tanto para recibir novos estudantes como para enviar a membros universitarios da USC a Asia Central.
Neste proxecto, a USC colabora coas universidades europeas Vrije Universiteit Brussels, Paris 3, Andolu University, Wilnius University, Rovaniemi University of applied sciences, Adam Mickiewicz e Masaryk University Brno. Enmarcados no mesmo programa ‘Erasmus Mundus, External Cooperation Window’ existen outros proxectos nos que ademais da USC, de España só participan as universidades de Salamanca, Barcelona, Deusto, Granada e a Complutense de Madrid.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 01.08.2007.