Pasar al contenido principal

Relatores de primeira orde nas xornadas sobre a nova lei de defensa da competencia que organiza a Facultade de Económicas

O encontro enmárcase nos actos de celebración do 40 aniversario do centro

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais organiza a vindeira semana, en colaboración co Tribunal Galego de Defensa da Competencia, unhas xornadas nas que destacados expertos e profesionais na materia debaterán acerca da nova lei. O encontro enmárcase nos actos académicos de celebración dos corenta anos de existencia deste centro compostelán.
As xornadas inauguraranse o martes, día 27, ás 17:00 horas no Salón de Graos, coa intervención do director xeral de Política Comercial do Ministerio de Industria e Comercio, Ignacio Cruz Roche, titulada ‘A competencia no sector comercial’.
Xa o 29 de novembro o presidente do Tribunal Catalán de Defensa da Competencia, Lluís Franco i Sala, falará do papel dos organismos autónomos na defensa da competencia. Pola súa banda, Fernando Jiménez La Torre, da consultora NERA, explicará o 4 de decembro o modelo de competencia perfecta fronte a outros modelos de mercado’, para rematar o día 12 dese mes coa intervención do presidente da Comisión Nacional de Defensa da Competencia, Luís Berenguer Fuster, sobre a nova lei.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 23.11.2007.