Pasar al contenido principal

A Sociedade Española de Medicina Interna Veterinaria celebra esta fin de semana o seu XII Congreso anual no Campus de Lugo

No  congreso participan preto de 150 persoas
No congreso participan preto de 150 persoas
Está centrado nos transtornos médicos do aparato dixestivo

A Sociedade Española de Medicina Interna Veterinaria (SEMIV) celebra esta fin de semana en Lugo o seu congreso anual, que chega á súa XII edición e que escolle o campus lucense como sede do mesmo por segundo ano na súa historia. Nesta ocasión o tema central do congreso serán os transtornos médicos do aparato dixestivo.
O congreso terá o seu inicio ás 9:30 horas cunha inauguración a cargo do presidente do comité organizador, o profesor da facultade lucense Luis Eusebio Fidalgo Álvarez. Contará en total con 32 comunicacións e as conferencias plenarias de preto de vinte especialistas vidos das facultades de Veterinaria de toda España. O programa contará tamén cun apartado destinado aos docentes, entre o que figuran dúas mesas redondas, un relatorio sobre a formación de posgrado e a reunión do comité científico que escollerá as comunicacións orais que pasarán ao concurso.
O programa do congreso alongarase durante as xornadas de mañá e tarde do venres e o sábado e o domingo pola mañá. Está prevista a asistencia ao congreso de 150 persoas, entre profesores, profesionais, estudantes de terceiro ciclo e membros da SEMIV. O marco de celebración do mesmo será o Salón de Actos da Facultade de Veterinaria.
O venres, ás 20:00 horas, celebrarase o acto oficial de benvida seguido dunha cea para os congresistas. Estarán presentes representantes das tres institucións colaboradoras, a USC, o Concello e a Deputación Provincial.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.11.2007.