A Área de Deportes da USC organiza en novembro dúas novas rutas de sendeirismo
A Área de Deportes da Universidade de Santiago organiza neste mes de novembro dúas novas rutas de sendeirismo, unha de Baldaio a Malpica e a outra polo rural de Lugo.
A ruta que discorrerá de Baldaio a Malpica realizarase este sábado, día 10, cunha lonxitude de 18 quilómetros e unha dificultade media. A que permitirá coñecer o rural de Lugo, e máis concretamente a zona de Santa Eulalia de Bóveda, sairá de Compostela o sábado, día 24, para percorrer logo 17 quilómetros nunha ruta cunha dificultade media.
Os interesados en inscribirse ou acadar máis información deben dirixirse ás Oficinas da Área de Deportes emprazadas na Piscina Universitaria, escribir ao enderezo deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) ou nas extensións telefónicas Ext. 15070-15071-15072-15073-15076.