Pasar al contenido principal

A Facultade de Ciencias inaugura as III Xornadas de Divulgación Científica

A Facultade de Ciencias do Campus de Lugo celebra entre o días 23 e 25 de abril un foro de divulgación científica, organizado polos representantes de alumnos do centro, que pretende dar a coñecer a labor investigadora que levan a cabo os profesores.
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero Latorre, inaugurará as xornadas, ás 9:30 horas no Salón José Rodríguez Mourelos do centro, acompañado polo decano da Facultade, Francisco Fraga, e por un representante dos alumnos. Carlos Herrero será tamén o encargado do relatorio inaugural que versará sobre as aplicacións aos alimentos da quimiometría.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 20.04.2007.