Pasar al contenido principal

V Congreso de Innovación Docente en Enxeñaría Química

Xoves 22, ás 17.30 horas

Santiago

Máis de 130 docentes de 30 universidades españolas danse cita neste foro que se estenderá ata o vindeiro venres 24

130 docentes danse cita neste foro. FOTO: Santi Alvite
130 docentes danse cita neste foro. FOTO: Santi Alvite

O Departamento de Enxeñaría Química e a Escola Técnica Superior de Enxeñaría en colaboración coa Conferencia de Directores e Decanos de Enxeñaría Química impulsan o V Congreso de Innovación Docente en Enxeñaría Química. Este foro bota a andar este mércores 22 ás 17.30 horas no Colexio de Fonseca e no mesmo daranse cita máis de 130 docentes de 30 universidades españolas ata o vindeiro venres 24. 

O congreso servirá para abordar “diversos aspectos que son importantes no proceso educativo de cara a atinxir unha formación nos egresados o suficientemente versátil que poida afrontar as demandas que as empresas demandan dos titulados do Grao e Mestrado en Enxeñaría Química”, tal e como apuntan dende a organización. As metodoloxías docentes na aula e no laboratorio, a formación máis alá das aulas, o seguimento, avaliación e acreditación das titulacións, a metodoloxía informática e TIC ou a ética e sustentabilidade, son algunhas das temáticas abordadas no programa. 
 

Los contenidos de esta página se actualizaron el 22.01.2020.