Pasar al contenido principal

XXV Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Veterinaria (SECIVE)

Venres, 31 de xaneiro de 2020, ás 11.00 horas

Lugo

Organizador: Departamento de Anatomía, Produción animal e Ciencias Clínicas Veterinarias

O XXV Congreso da Sociedade Española de Cirurxía Veterinaria (SECIVE), que se celebra os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro en Lugo, sevirá de homenaxe póstumo a José Manuel Gonzalo Cordero

Logo do congreso
Logo do congreso

A Sociedade Española de Cirurxía Veterinaria (Secive) celebra desde este xoves 30 de xaneiro ao 1 de febreiro no Campus de Lugo o seu XXV Congreso, un foro a través do que se busca promover a formación e o intercambio científico, así como as relacións entre os integrantes desta sociedade, que tamén quere render homenaxe ao compañeiro finado José Manuel Gonzalo Cordero.

O XXV Congreso da Secive comezará o 30 de xaneiro con 12 obradoiros prácticos de pequenos animais nas instalacións da Facultade de Veterinaria e no Hospital Veterinario Universitario Rof Codina. A programación teórica do congreso, cuxa inauguración oficial se celebrará o venres 31 de xaneiro, ás 11.00 horas, no auditorio da Facultade de Veterinaria, continuará ata 1 de febreiro con salas para pequenos animais e vacún.

El programa científico de pequenos animais está especialmente orientado ás urxencias cirúrxicas, e o de vacún, aos últimos adiantos en anestesia e cirurxía bovina. O congreso inclúe un atractivo panel de conferencias contando con varios relatores nacionais e internacionais especialistas en cirurxía de pequenos e grandes animais.

O congreso terminará cunha cea de gala, organizada co obxecto de poder gozar dun ambiente relaxado e distendido entre compañeiros e compañeiras que comparten a mesma paixón pola cirurxía, no que se fará entrega dos premios ás mellores comunicacións científicas presentadas.

A Secive manifesta asemade o seu agradecemento á USC, así como á Deputación e ao Concello de Lugo, e ao Hospital Veterinario Universitario Rof Codina, polo apoio recibido para a celebración deste congreso, unha gratitude que estende ás casas comerciais que tamén colaboración na organización deste evento.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 29.01.2020.