Pasar al contenido principal

O poeta brasileiro Ferreira Gullar, na Universidade de Santiago

Participa nunha tertulia-recital enmarcada nos 'Encontros no Paraninfo' que organiza a Vicerreitoría de Cultura

Ferreira Gullar, considerado o último gran poeta brasileiro, atópase na Universidade de Santiago para manter un encontro con escritores e críticos de arte e participar nunha tertulia-recital, todas elas actividades organizadas dende a Vicerreitoría de Cultura da USC.
Deste xeito, a tertulia, enmarcada nos Encontros no Paraninfo, desenvolverase a partir das 20:00 horas no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia) conducida polo xornalista da Radio Galega Anxo Quintela e os profesores de Literatura Brasileira da USC, Carmen Villarino Pardo e Luciano Paula de Melo. Estes encontros contan coa colaboración da Fundación Cultural Hispano Brasileña.
Con anterioridade ao recital, ás 18:00 horas, o escritor brasileiro manterá unha xuntanza con escritores e críticos de arte no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Ferreira GullarJosé de Ribamar Ferreira (São Luís do Maranhão, 1930), máis coñecido como Ferreira Gullar, naceu no seo dunha familia humilde e en 1951 trasladouse a Río de Janeiro, onde comeza a escribir unha poesía que condensa diferentes estilos e épocas ata converterse nun dos poetas máis grandes do Brasil. Nos últimos tempos dedícase tamén á critica de arte.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.05.2007.