A USC impartirá por primeira vez clases de ximnasia de mantemento na auga
A Área de Deportes, dependente da Vicerreitoría de Cultura, ofrecerá por primeira vez na USC un curso de ximnasia de mantemento na auga, denominadas Aquagym, grazas ás melloras realizadas na piscina universitaria. O prazo de matrícula para a comunidade universitaria e antigos estudantes que desexen participar neste e outros cursos intensivos xa está aberto. A inscrición para as persoas alleas á USC formalizarase a partir do vindeiro luns, día 7.
As persoas interesadas nas clases, que se desenvolverán durante o mes de xuño, tamén poderán escoller outros cursos para nenos, adultos, de natación deportiva ou terapéutica. Esta última actividade está especialmente recomendada para persoas con problemas de lombo, musculares ou outras doenzas que requiran unha atención máis personalizada. A posibilidade de anotarse nos cursos intensivos rematará o venres, día 11.