Pasar al contenido principal

O Sistema de Xestión de Calidade da Área Académica recibe o conforme da segunda auditoría de seguimento de AENOR

O Sistema de Xestión de Calidade (SXC) na Área Académica, que a USC ten certificado segundo a norma ISO 9001, recibiu en abril a avaliación conforme como resultado da segunda auditoría de seguimento realizada pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR).
Coordinado pola Vicerreitoría de Calidade e Planificación, o SXC tivo como responsable ata o presente ano á Secretaría Xeral Adxunta, que agora pasa a mans da Vicexerencia Académica. Neste sistema están implicados, na súa totalidade, o Servizo de Xestión Académica e o Servizo de Xestión da Oferta e Programación Académica, e parcialmente a Oficina de Análise das Reclamacións.
Este sistema, certificado en 2005 e cunha avaliación positiva nas dúas auditorías de seguimento do seu desenvolvemento, ten case un centenar de traballadores implicados. Os procesos certificados dan cobertura á totalidade dos procesos de xestión e oferta académica dos alumnos de primeiro e segundo ciclo da USC, o que pon de manifesto a complexidade destes procesos e a correspondente importancia, en termos de calidade e eficacia, de acadar o recoñecemento de AENOR por terceiro ano consecutivo.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.05.2007.