Pasar al contenido principal

A reitora da Universidade venezolana de Oriente visitou a USC

O vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández Prieto, recibiu este luns 8 no Colexio de San Xerome á reitora da Universidade de Oriente de Venezuela, Milena Bravo, que realizou nesta sesión unha visita institucional á USC.
No mesmo encontro renovouse o convenio de colaboración que ambas institucións manteñen para o intercambio de persoal docente e investigador. Neste senso, tanto Milena Bravo como Lourenzo Fernández valoraron positivamente o actual grao de desenvolvemento deste acordo.
Durante a súa estadía en Galicia, a reitora da Universidade de Oriente participará no X Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas e no I Foro Iberoamericano dos Recursos Mariños e Acuicultura que se vai celebrar na Toxa.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.10.2007.