Pasar al contenido principal

O director da Área TIC da USC participa estes días en Alacante na xuntanza da Comisión Sectorial das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da CRUE

O director da Área TIC da USC, Javier Franco, participa este luns 15 e o martes 16 na xuntanza que a Comisión Sectorial das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) celebra na Universidade de Alacante.
Na primeira sesión o programa consistiu nunha xornada técnica dirixida a directores de informática analizando cuestións relacionadas coa aplicación á docencia de infraestruturas e servizos con material audiovisual, exemplos de proxectos innovadores na comunidade universitaria así como achegas de empresas con experiencia en proxectos universitarios, empresariais e con administracións públicas. A xornada concluíu cunha xuntanza da comisión executiva de CRUE-TIC.
O programa previsto para o martes 16 estará dedicado de xeito monográfico aos contidos dixitais. A conferencia convidada que iniciará a quenda de intervencións será a que pronuncie o director adxunto de Avaliación e Seguimento do Observatorio Red.es, Conrado Castillo, titulada ‘Os contidos dixitais como motor da sociedade da información. A sesión continuará coa presentación de experiencias innovadoras e particulares que se están a desenvolver nas universidades españolas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.10.2007.