Senén Barro visita China cunha delegación da Conferencia de Reitores de Universidades españolas

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro, forma parte da delegación da Conferencia de Reitores de Universidades Españolas (CRUE) que ata o vindeiro xoves 25 atópase de visita en China.
O percorrido comezou este sábado 20 en Beijing onde logo de visitar a embaixada de España dirixíronse ao Instituto Cervantes, nunha sesión á que tamén asistiu a ministra de Educación e Ciencia, Mercedes Cabrera.
Xa na xornada do domingo 21, a comitiva dirixiuse á Feira de Educación Superior, onde a USC ten emprazado un stand con información de interese sobre a súa oferta docente, servizos e actividades. Posteriormente a comitiva de reitores asistiu á sinatura do acordo de recoñecemento de títulos e memorando de entendemento en materia educativa no que tamén participou a ministra. O luns 22 trasladáronse a Shanghai onde a delegación se sumará ao II Foro de Reitores Hispano-Chino. A viaxe rematará o mércores 24 cunha visita á Universidade de Tongji.