Pasar al contenido principal

A USC, no IV Foro sobre Avaliación da Calidade da Educación Superior e da Investigación

O adxunto á Vicerreitora de Calidade e Planificación, Pedro Faraldo Roca, participou este mércores no IV Foro sobre Avaliación da Calidade da Educación Superior e da Investigación que se celebra na Facultade de Ciencias da Universidade de Granada.
O experto da USC interveu nunha sesión temática dedicada ao planos e estratexias das universidades para potenciar a calidade e a innovación docente. Xunto a el, participaron o vicerreitor de Planificación, Calidade e Avaliación Docente de Granada, Luis Rico; a vicerreitora de Calidade e Innovación Docente da Universidade do País Vasco, Miren Nekane Balluerka; o vicerreitor de Calidade e Harmonización Europea da Universidade da Coruña, Manuel Peralbo; Alfredo Boullosa e Amparo Chirivella, da Unidade de Calidade da Universidade de Valencia; o director do Secretariado de Innovación e Calidade de Granada, Javier Llorens; e a auditora xefe de SGS ICS Ibérica, S.A., Loreto del Río.
Neste foro participan representantes de institucións responsables da Avaliación da Calidade da Educación Superior e da Investigación en España.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 24.10.2007.