Pasar al contenido principal

A Facultade de Psicoloxía celebrou unha xornada de traballo cos titores externos do Practicum da Licenciatura

A Facultade de Psicoloxía da USC celebrou este venres 8 a xornada de traballo que con carácter anual congrega aos titores externos que participan no desenvolvemento do Prácticum da licenciatura, todo eles profesionais dos centros colaboradores.
A primeira parte desta sesión dedicouse ao intercambio de experiencias do Practicum e á súa valoración, co fin de optimizar o desenvolvemento desta materia troncal da Licenciatura en Psicoloxía.
A xornada rematou coa asistencia dos participantes á conferencia ‘Diversidade, relacións intergrupais e inmigración: un reto para os profesionais da Psicoloxía’ que impartiu o catedrático de Psicoloxía Social da Universidade de Sevilla Manuel F. Martínez García.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.06.2007.