Pasar al contenido principal

Presentación de catro novas publicacións editadas polo Instituto de Ciencias da Educación

O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) presentará este martes, día 12, en rolda de prensa catro novas publicacións editadas por este instituto da USC nun acto que se vai celebrar a partir das 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca.
Á presentación asistirán o vicerreitor de Comunidade Universitaria e Compromiso Social, José M. Mayán Santos; o director do ICE, José Cajide Val; e a directora do Servizo de Publicacións e Intercambio Científico, Marisa Melón.
As publicacións que se presentarán son Educación, enerxía e desenvolvemento sostible, Castelanismos morfosintácticos no galego. Avaliación da competencia do alumnado, A programación didáctica no actual sistema de oposicións, e Contribucións á dimensión europea na formación do profesorado mediante redes de colaboración.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 11.06.2007.