A Fonoteca proxecta este xoves o documental 'Mozart', de Francesca Kemp
A Fonoteca Universitaria dedica este mes o seu ciclo Música en Imaxes aos grandes compositores clásicos, proxectando este xoves, día 14, ás 18:00 horas na súa sede en Ciencias da Comunicación, o documental ‘Mozart’, dirixido por Francesca Kemp.
A música do documental, narrado por Kenneth Branagh, está interpretada pola London Symphony Orchestra dixirida por Sir Colin Davis, a Orpheus Chamber Orchestra, Endellion Quartet e o pianista Cooper.