Pasar al contenido principal

Chega ao Campus de Lugo a mostra 'Cando a ciencia se converte en arte'

A mostra ‘Cando a ciencia se converte en arte’, organizada pola Vicerreitoría de Cultura e o Centro de Estudos Avanzados da USC, foi inaugurada este mércores, día 27, na Facultade de Ciencias de Lugo nun acto ao que asistiron os vicerreitores de Cultura e Coordinación do Campus de Lugo, Elias Torres Feijo e Carlos Herrero Latorre; e o decano do centro, Francisco Fraga.
A exposición achega ao Campus de Lugo 66 fotografías de células, neuronas, bacterias, virus ou secuencias de ADN de gran riqueza cromática e beleza estética, realizadas polo Instituto Nacional de Saúde e da Investigación Médica francés.
Permanecerá no centro lugués ata o vindeiro día 20 de xullo e poderase visitar de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas e pola tarde de 15:30 a 20:30 horas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 27.06.2007.