Pasar al contenido principal

O ciclo 'CinEmpresa' analizará a través de proxeccións cinematográficas situacións relacionadas coa actividade económica e a xestión empresarial

Ao longo de doce sesións, o ciclo de cine ‘CinEmpresa’ analizará diversas situacións relacionadas coa actividade económica e a xestión empresarial. Trátase dunha iniciativa promovida pola Comisión de Actividades Complementarias á Docencia da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais nas que ao redor da proxección dunha película alusiva ao tema proposto desenvolverase unha charla e o seu correspondente debate.
Os temas nos que se pretende afondar están relacionados coa mercados financeiros e uso da información privilexiada, o boom das tecnoloxías, marketing internacional, o conflito xeracional na xerencia, a situación do mercado inmobiliario, a dimensión humana como factor de éxito empresarial, o emprendedor e o seu mundo, a loita pola supervivencia no mundo do profesional libre ou a gran empresa e a influencia dos medios de comunicación, entre outros.
Para a análise e debate destes temas proxectaranse tanto películas de ficción como documentais sobre casos reais, entre os que se atopan Wall Street; Tiempo modernos; En busca de la felicidad; Tucker, un hombre y su sueño; Enron, los tipos que estafaron a América; Jerry Maguire ou Ciudadano Kane.O programa de proxeccións comezará o mércores, días 12 de decembro, ás 10:30 horas. Todas as demais sesións celebraranse os venres restantes a partir das 11:00 horas cunha duración aproximada de tres horas.
O ciclo ten un límite máximo de 50 prazas para alumnos que, previa inscrición, poderán validar a súa participación neste programa por un crédito de libre configuración. As 50 prazas restantes do aforo do Salón de Graos da Facultade serán de entrada libre en cada sesión.
As persoas interesadas poderán solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición no decanato da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais ou a través da dirección ciclo-cinempresa [at] hotmail.com (ciclo-cinempresa[at]hotmail[dot]com) indicando nome e apelidos, DNI, correo electrónico, titulación e curso.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 03.12.2007.