Pasar al contenido principal

O Colexio Maior Fonseca organiza unha campaña coa que procurar 'Un Nadal feliz para todos'

O Colexio Maior Fonseca lanza este ano a campaña ‘Un Nadal feliz para todos’ a través da que os colexiais recollerán xoguetes, roupa ou alimentos básicos que se destinarán a colectivos desfavorecidos ademais de realizar dúas visitas para a organización de actividades de lecer e voluntariado na Asociación de Enfermos de Alzheimer e no Hospital Clínico Universitario de Santiago.
No caso da campaña de recollida de roupa, toda a que se poda reunir destinarase aos enfermos pobres de Cottolengo, mentres que nos caso dos xoguetes estes entregaranse á casa de acollida de menores ‘Hogar Nazaret’ de Santiago. Completando estas campañas, o Colexio Maior tamén desenvolve unha iniciativa a prol da recollida de alimentos básicos para a Cociña Económica de Compostela.
Todas as persoas interesadas en realizar a súa contribución a estas iniciativas poderán achegala no propio Colexio Maior Fonseca antes das 24:00 horas do vindeiro mércores, día 19.
Xunto estas campañas de recollida os colexiais realizarán ademais dúas visitas, a primeira dela á Asociación de Enfermos de Alzheimer, o próximo sábado 15, para levar a cabo unha serie de actividades de ocio e lecer orientadas tanto a familiares como a enfermos. A segunda será ao Hospital Clínico Universitario de Santiago, o día 19, para colaborar en labores de voluntariado neste centro hospitalario.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 13.12.2007.