Pasar al contenido principal

O secretario xeral de Política Científica e Tecnoloxía Francisco Marcellán Español presentou no CEA as principais características do Plan Nacional de I+D+I 2008-2011

A vicerreitora de Investigación foi a encargada de presentar a Francisco Marcellán Español
A vicerreitora de Investigación foi a encargada de presentar a Francisco Marcellán Español

O secretario xeral de Política Científica e Tecnoloxía do Ministerio de Educación, Francisco Marcellán Español, presentou este martes na Sala de Debates do Centro de Estudos Avanzados da USC as principais características do Plan Nacional de I+D+I 2008-2011. No acto, Francisco Marcellán estivo acompañado da vicerreitora de Investigación e Innovación, María José Alonso.
Nesta sesión dirixida a investigadores da universidade compostelá, o secretario xeral fixo unha valoración do mencionado Plan xa que introduce elementos novos de gran transcendencia para o desenvolvemento da investigación nos vindeiros anos.
Francisco Marcellán indicou que esta sesión vén precedida dunha quenda de presentacións ao longo da xeografía española como vía para recoller a opinión dos investigadores, xa que “un bo Plan Nacional precisa da testemuña directa dos seus protagonistas para non quedarse nun plan de laboratorio”.
O secretario xeral referiuse tamén ao contexto no que se desenvolve o novo Plan Nacional de Investigación, contedor dos avances acadados nos cinco plans anteriores e que permitiron unha destacada mellora das estruturas investigadoras propiciando que en España se poda facer hoxe ciencia e tecnoloxía.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 18.12.2007.